Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Os karatekas da Baña brillan no Campionato Galego celebrado en Santiago

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O karate da Baña está de noraboa. Os seus representantes acadaron excelentes resultados no Campionato Galego Infantil e Copa Cadete, celebrado este sábado, 8 de marzo, en Santiago de Compostela.

O gran protagonista da xornada foi Markel Villaverde, de Corneira, que se proclamou campión galego en kumite xuvenil masculino <54kg, subindo ao máis alto do podio. Pola súa banda, Martina Barreiro, de Ordoeste, logrou un meritorio terceiro posto en kumite xuvenil feminino <36kg, demostrando o gran nivel da canteira local.

Markel Villaverde
Markel Villaverde
Martina Barreiro
Martina Barreiro

O éxito destes deportistas non sería posible sen o traballo e apoio do seu adestrador, Nicolás Carnota, quen acompañou e preparou aos competidores.

Os tres forman parte da Escuela de Karate Akai Ryu de Negreira, un club que continúa a consolidarse como referente na formación de novos talentos no mundo do karate en Galicia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620