Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín pide completar a estación intermodal Daniel Castelao co aparcadoiro e o impulso do tren de proximidade

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou este mércores no acto oficial de inauguración da nova estación de tren intermodal Daniel Castelao, que cualificou como “un novo día para lembrar en Compostela”. A rexedora salientou o carácter histórico e simbólico da xornada e aproveitou a ocasión para apelarlle ao Goberno do Estado a completar a infraestrutura coa construción do aparcadoiro comprometido e co impulso decidido do tren de proximidade.

Sanmartín agradeceu o labor do persoal de ADIF e subliñou que esta estación, que une os barrios de Pontepedriña e o Ensanche, é unha infraestrutura “absolutamente necesaria” para a cidade. “A estación xa non é un proxecto, xa é real”, destacou, celebrando que Santiago gañe tamén unha nova praza pública de 1.500 metros cadrados na contorna da rúa do Hórreo.

Compromiso co nome de Castelao e a memoria colectiva

Durante a súa intervención, a alcaldesa fixo fincapé no valor de que a estación leve o nome de Daniel Castelao, a quen definiu como “un símbolo deste país, da loita polos dereitos democráticos e da loita polo tren”. Para Goretti Sanmartín, nomear espazos públicos é unha forma de preservar a memoria: “Nomear é salvar a desmemoria”.

Neste sentido, reivindicou o acordo unánime do Pleno da Corporación de 2019 que propuxo que a estación levase o nome do intelectual galeguista. “Castelao estará agora na mirada cotiá de milleiros de persoas. Este lugar nunca será un non-lugar, como dicía o antropólogo Marc Augé”, afirmou, comparando a decisión co nomeamento do aeroporto compostelán como Rosalía de Castro.

Novos retos para a mobilidade e a economía

Goretti Sanmartín fixo tamén un chamamento a continuar o desenvolvemento da mobilidade na contorna urbana e metropolitana. Pediu avanzar nas conexións ferroviarias coas vilas próximas, con Lugo e mesmo con Francia, así como dar impulso ao proxecto do Orbitaliño, mellorar os accesos coa AP-9, reforzar os enlaces cos polígonos industriais e apostar por unha futura estación de mercadorías que contribúa á diversificación económica de Galicia.

Finalmente, reiterou a necesidade de construír canto antes o aparcadoiro en altura previsto, con máis de 900 prazas, para facilitar os desprazamentos desde e cara á estación intermodal.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620