Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A 'Feira' comezou: De Ninghures estrea un dos discos más agardados do panorama musical galego

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A espera rematou! Desde hoxe, Feira, o novo disco de De Ninghures, xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais. Trátase dun dos lanzamentos máis agardados da música galega, no que o grupo segue a explorar a tradición, incorporando novos sons, influencias e unha produción máis arriscada.

Baixo a dirección do prestixioso produtor Juan de Dios Martín (Amaral, Xoel López), Feira aposta por unha evolución sonora, na que a electrónica, os efectos e a experimentación con novos instrumentos acompañan as melodías e coplas populares.

Unha ‘Feira’ do século XXI

O álbum inclúe dez cancións que combinan a esencia da música tradicional galega cunha mirada contemporánea e global. Ademais dos sinxelos xa coñecidos como Corazón Alionado, A Burriña, O Último Baile ou En fin, que máis dá –neste último, con colaboración de Xoel López nas guitarras–, destacan temas como Morena, recoñecido como Mellor Música do Ano 2023 nos Premios Ari(t)mar, ou Poço, producido por Hevi (David Vieites).

🎧 Toda a ‘Feira’, completa aquí.

Concerto especial de presentación na Sala Capitol

O público compostelán terá a oportunidade de gozar en directo de ‘Feira’ o 13 de marzo na Sala Capitol, nun evento que promete ser unha auténtica festa. O grupo transformará a sala nunha “feira” moderna e contará con convidados sorpresa da música tradicional e urbana galega.

De Ninghures Foto rodaxe En fin que mau0301is dau0301 u00a9 Lorenzo Negueruela
De Ninghures | Lorenzo Negueruela

As últimas entradas seguen dispoñibles desde 15 euros en www.salacapitol.com.

Tradición que mira ao futuro

Dende a publicación do seu primeiro disco Aquí (2022), De Ninghures consolidouse como unha das bandas máis innovadoras da escena galega. A súa capacidade para actualizar e fusionar a música de raíz con influencias doutras culturas –como a latinoamericana e a magrebí– convertéronos nun grupo imprescindible do panorama actual.

Con Feira, a banda confirma a súa evolución e aposta por unha Galicia musical aberta ao mundo, onde a tradición segue viva pero sen medo á modernidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620