Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Dúas familias de Brión acollen a nenos saharauís durante o verán

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Brión, en colaboración coa organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, volve repetir este programa co que levan colaborando dende 2005, acollendo a nenos saharauís. O Concello ofrécelles ás familias todo o apoio e a súa colaboración, cunha achega municipal de 2.670€, a fin de que os nenos estean ben e desfruten.

Ademais, a librería santiaguesa Follas Novas obsequiará cuns libros, a modo de detalle, tanto aos nenos das familias que acollen coma para os nenos acollidos.

O programa “Vacacións en Paz” nace da iniciativa de axudar desinteresadamente aos nenos e nenas saharauís que naceron en medio dun clima de guerra unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, proporcionándolles unha estancia agradable e humana, de maneira que contribúa en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharauí.

Recepcion nenos saharauis briu00f3n (10)
 

O xoves 15 de agosto terá lugar unha reunión por parte da organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, onde se reunirán máis de 300 rapaces acollidos por toda Galicia grazas a esta iniciativa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620