Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A doutora do CHUS Inés Gómez Otero recollerá o VI Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Hotel Monumento San Francisco de Santiago acollerá o vindeiro martes 22 de abril, ás 19:30 h, a gala de entrega do VI Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía “Enfermidades valvulares cardíacas” que recaeu no traballo liderado pola Dra. Inés Gómez Otero, responsable da Unidade de Insuficiencia Cardíaca Especializada do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) e investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

O acto, que estará presidido polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, contará coa asistencia de todo o equipo gañador, encabezado pola Dra. Inés Gómez Otero, así como dos presidentes de honra e executivo do Xurado: o empresario Ramiro Carregal e o Dr. José Ramón González Juanatey, xefe do Servizo de Cardioloxía e UCC do CHUS. Con eles estará tamén o Dr. Ángel Facio, xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

O proxecto galardoado, que se levará a cabo no Hospital Clínico Universitario de Santiago e no de La Fe de Valencia, ten como obxectivo tratar de identificar precozmente pacientes con insuficiencia mitral severa que non responden ao tratamento médico convencional para mellorar o seu prognóstico, seleccionando as estratexias terapéuticas máis avanzadas de forma personalizada, para previr desenlaces adversos e mellorar a súa calidade de vida, á vez que se distribúen de maneira máis eficiente os recursos.

O Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía está dotado con 30.000 euros e un símbolo distintivo e acreditativo do galardón concedido.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620