Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Diego Amoedo reflexiona no Museo do Pobo Galego sobre a construcción do territorio habitado

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Mañá xoves 28 de agosto, ás 19.00 horas, o antropólogo Diego Amoedo Martínez ofrece un faladoiro no Museo do Pobo Galego baixo o nome de "Narrativas á volta da terra-territorio no noroeste peninsular e no centro da Amazonía". A conferencia é de acceso libre ate completar aforo e pecharase cun coloquio aberto para debater conxuntamente sobre estas cuestións.

Todos os humanos sinten unha profunda ligazón coa súa terra ou territorio como parte da súa identidade. A territorialidade é un concepto do que se parte para comprender o proceso de construcción de espazos de vida e as súas terras; unha relación que vai máis alá da producción agrícola e que se refire a procesos sensibles que tamén envolven aos non humanos.

Nesta conversa, Diego Amoedo invita a reflexionar sobre como se constrúe un territorio habitado: que papel xogan as vacas, os muros construídos, os cultivos que pasaron polas terras ou mesmo as ameazas externas da configuración das terras? Que significan os baldíos como espazos de esperanza comunitaria? Como se viven os conflitos socioambientais e disputas sobre o territorio desde a mirada das persoas que traballan e coidan a terra?

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620