Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Consorcio de Santiago súmase á Noite do Patrimonio con visitas guiadas á Casa do Cabido

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Consorcio de Santiago participará este sábado, 13 de setembro, na Noite do Patrimonio, unha iniciativa cultural que se desenvolve simultaneamente nas 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España e que transforma durante unha noite os seus centros históricos en escenarios vivos de encontro entre a arte, a historia e a cidadanía.

A Casa do Cabido, protagonista

Nesta edición, a programación centrarase na Casa do Cabido, que permanecerá aberta ao público entre as 21.00 e as 23.30 horas. Alí, a artista compostelá María Eiras, Mareiras, guiará dúas visitas á súa exposición Tras a pegada das musas.

  • 21.00 horas: saída desde o seu estudo (Mareiras Espacio de Arte, rúa do Preguntoiro, 9) con percorrido ata a Casa do Cabido e visita guiada.
  • 22.00 horas: visita guiada directamente nas dependencias da Casa do Cabido.

Pintura en directo

Entre os pases e ata o peche das instalacións, o público poderá tamén gozar do proceso creativo en directo da artista, que estará pintando nos baixos do edificio.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620