Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello destina 70.000 euros a bolsas para tratamentos de menores e produtos sen glute

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Santiago, a través do departamento de Dereitos e Servizos Sociais, pon en marcha unha nova convocatoria de axudas dirixida a sufragar servizos terapéuticos e a compra de alimentos sen glute para menores. O prazo de solicitude manterase dispoñible durante 10 días hábiles, tras a publicación este xoves 4 de setembro no Boletín Oficial da Provincia.

Un apoio para o desenvolvemento infantil

As bolsas permitirán cubrir tratamentos como psicoloxía, logopedia, terapia ocupacional ou atención temperá, pensados para mellorar o desenvolvemento e o benestar dos menores. A convocatoria abrangue tamén familias con nenos e nenas con celiaquía, que poderán destinar a axuda á compra de produtos específicos sen glute.

En total, o Concello destina un orzamento de 70.000 euros, co obxectivo de apoiar a familias con menores que presenten trastornos da aprendizaxe, da linguaxe ou da conduta, que precisen estimulación temperá, que se atopen en proceso de avaliación dun TDH ou TEA, ou mesmo que teñan altas capacidades intelectuais e requiran apoio adicional.

Condicións e requisitos

As subvencións cubrirán ata o 90% do custo dos tratamentos, cun máximo de 1.200 euros por menor. Os gastos poderán xustificarse con facturas correspondentes ao período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2025.

Poderán optar ás axudas as familias con menores empadroados en Santiago, que presenten un informe dun profesional colexiado que acredite a necesidade de tratamento periódico ou a condición de celiaquía, e que dispoñan dunha renda máxima anual de 36.000 euros, equivalente a 5 veces o IPREM en 12 pagas.

Tramitación

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello ou do Rexistro Electrónico Xeral da rede SARA. O departamento de Servizos Sociais ofrecerá acompañamento e asesoramento ás familias interesadas para facilitar o proceso e resolver dúbidas sobre a convocatoria.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620