Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Compostela conmemora o 8-M cunha cerimonia para distinguir a santiaguesas relevantes

Cun día de adianto, o Concello celebra hoxe o 8-M rendindo homenaxe a unha selección de mulleres referentes no seu eido e que, dun xeito ou outro, están ligadas á cidade.

O acto oficial terá lugar ás 19.30 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. 

Homenaxeadas

Alí, recoñecerase o labor da cineasta Jaione Camborda e da poeta Yolanda Castaño; dous piares da atmosfera cultural compostelana.

A mesma distinción se lle outorgará á directora da Axencia Española de Medicamentos, María Jesús Lamas. 

Tamén á historiadora Nanina Castro e á profesora Maribel Martín, as cales desenvolven importantes labores impulsando iniciativas feministas.

Por último, Santiago erguerase da butaca para aplaudir a María Pereira, a cal estivo 35 á fronte do negocio Dosel, e a Julia López, que con 90 anos segue detrás do mostrador de Fotos Sandine.

Programación para mañá, 8-M

Mañá, o propio Día da Muller, haberá no Pazo de Raxoi unha lectura colectiva do Manifesto aprobado polos grupos que forman a Corporación municipal.

A continuación, procederase ao acto de fallo e á entrega do premio audiovisual Xohana Torres do ano 2023.