Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Centro Sociocultural de Vite acolle a mostra "A arte de Palillar" da artesá Ana Rosa Lista

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A exposición mostrará reproducións en encaixe e pintura de cadros do recoñecido pintor Luís Seoane. Ademais, as persoas visitantes poderán coñecer parte do traballo de Ana Rosa Lista, que non só se dedica a reproducir monumentos do Camiño de Santiago e cadros con fíos, senón que tamén elabora figuras en 3D. Entre as súas coleccións máis destacadas atópase 'O Camiño do Encaixe', inspirada no patrimonio cultural e artístico dos roteiros xacobeos. As pezas desta serie formaron parte dunha exposición itinerante da Deputación da Coruña ao longo do Camiño Portugués e foron exhibidas en numerosos lugares.

A mostra enmárcase dentro do proxecto educativo "Innova Lab" do CEIP de Vite, co obxectivo de achegar a arte do encaixe de palillos, neste caso, aos alumnos do centro e ao público en xeral. Con motivo desta colaboración Ana Rosa Lista impartirá obradoiros de palillos para os cursos de 4º e 5º de primaria o vindeiro xoves 13 de marzo.

A inauguración da mostra terá lugar este venres 7 de marzo ás 11:00 horas no Centro Sociocultural José Saramago de Vite. Durante o evento, no que participarán alumnado do colexio CEIP de Vite, Ana Rosa Lista ofrecerá unha introdución sobre a arte do encaixe de palillos. A charla estará aberta a todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre esta técnica artesanal, previa inscripción no 981542490.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620