Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Avanzan as obras de rehabilitación do Complexo Deportivo de Santa Isabel

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

As obras de rehabilitación do Complexo Deportivo de Santa Isabel, que conta cunha inversión de 2,6 millóns de euros, continúan desenvolvéndose e en setembro comezarase a renovación dos pavimentos da piscina.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, acompañados de técnicos do Concello e responsables da empresa que desenvolve os traballos visitaron este hoxe estas obras. Durante a visita, comprobaron o estado de execución e a evolución dos traballos e fixeron unha valoración moi positiva dos avances da obra durante este verán, xa que está a piques de rematar a substitución da cuberta da piscina e as novas estruturas do pavillón, como son o novo hall de acceso, as pasarelas e a estrutura do ascensor.

Os traballos comprenden varios tipos de actuacións. Sobre a mellora da eficiencia enerxética, coa instalación de placas fotovoltaicas, está iniciada a substitución da cuberta e tamén se van cambiar as carptinterías. Na piscina, alén das actuacións previas xa rematadas, a mellora da envolvente da fachada e a substitución da cuberta está a piques de rematar. Na piscina tamén se van substituír as carpinterías (muros, fiestras e óculos), xa se executou a o tratamento da estrutura da cuberta e a previsión é iniciar en setembro a renovación dos pavimentos.

As actuacións para a mellora da accesibilidade tamén avanzan segundo o previsto. Tras a retirada de elementos, demolicións e apertura dun novo oco da entrada xa executado, están en fase final as novas estruturas do pavillón: o hall de acceso, as pasarelas e o ascensor, o que mellorará significativamente os accesos. Os traballos neste ámbito céntrase neste momento na albanelería e revestimentos destas estruturas e dos aseos e vestiarios.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620