Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Así foi a festa dos maiores de Brión

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Preto de 550 persoas participaron na Festa dos Maiores do Concello de Brión, celebrada esta fin de semana no polideportivo municipal de Brión. Un acto presidido polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín, quen estivo acompañado pola concelleira de Maiores, Rosa Romero; Cultura, Sandy Cebral; e Medio Rural, José Antonio Vidal.

Festa dos maiores
Festa dos maiores

O alcalde brionés comprometeuse cos presentes a continuar mellorando este evento porque é “unha das datas máis importantes do ano para nós, xa que con esta xornada queremos render homenaxe a todas as persoas maiores que viven en Brión”.

FestaMaiores3
 

Así mesmo, aproveitou para animalos a participar nas actividades para maiores no centro social polivalente, que inclúen baile quincenal con música en directo, piscina, ximnasia, mente activa e grupo de teatro. Unhas clases que darán comezo o 1 de outubro e para as que se abrirá inscrición mañá martes 10 de setembro no centro social polivalente. Os maiores presentes no polideportivo municipal desfrutaron dunha comida de confraternización a base de empanada, polbo e carne ao caldeiro, tras a que aproveitaron para botar unhas bailas ao ritmo da música da cantante local Ruth Cundíns e do grupo de gaitas Xoldra de Rois.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620