Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

As agrupacións de PP e PSOE esixen ao Goberno local que suprima a ORA de Santa Marta

Esta semana entrou en vigor a zona ORA de Santa Marta como medida para favorecer a rotación de vehículos no entorno do hospital Clínico.

Porén, para as agrupacións municipais de PP e PSOE está tendo un efecto totalmente oposto ao obxectivo que formulaban orixinalmente.

O voceiro socialista, Gonzalo Muíños, recoñece que xa non hai “coches ventosa” no barrio, algo que pretendía lograr o Goberno municipal.

Non obstante, insiste en que eses vehículos “agora trasladáronse ao propio parking do CHUS”, facendo incluso máis complicado que antes atopar un oco onde aparcar.

Na mesma liña, o representante popular apuntou que é unha iniciativa impulsada “coa única finalidade de recadar” e que está a xerar “problemas que antes non existían”.

Por estes motivos, ambos partidos coinciden na idea de esixir á rexedora municipal que rectifique e suprima inmediatamente a medida.

A este respecto, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, declarou que o que sucede é que hai un “problema de xestión” no propio recinto do Clínico, o cal é responsabilidade do Sergas.