Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Arraianos Producións lanza os seus primeiros audiolibros en galego a través de Google Play Books

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A produtora compostelá Arraianos Producións deu un novo paso na súa aposta pola cultura en galego coa publicación dos seus primeiros audiolibros, xa dispoñibles na plataforma Google Play Books. O proxecto, subvencionado pola Xunta de Galicia, pon voz a tres obras que recuperan historias e biografías fundamentais para a memoria cultural do país.

Os títulos dispoñibles son:

Todos eles están narrados polo xornalista e cineasta Aser Álvarez, director do proxecto, e por Marta Gómez, quen tamén se incorporou ás locucións como parte da súa formación profesional.

Un proxecto pioneiro en galego

Segundo explica a produtora, o obxectivo é ofrecer contidos sonoros de alta calidade en galego, nun mercado onde aínda hai poucas opcións dispoñibles. Para iso, Arraianos puxo en marcha un plan de edición e marketing que inclúe a distribución a través de Google Play Books, ademais da promoción en redes sociais e noutras plataformas de difusión cultural.

O proxecto contou tamén coa colaboración do escritor e xornalista Luis Boullosa, encargado da revisión dos textos e da edición final das gravacións, e do técnico audiovisual Aldán Delgado, responsable da montaxe e masterización.

Con esta iniciativa, Arraianos Producións non só recupera figuras e feitos clave da memoria galega, senón que tamén abre camiño para que o formato audiolibro en galego siga medrando como alternativa cultural accesible e contemporánea.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620