Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

"Alameda en Xogo" enche de maxia o Nadal compostelán con actividades, cine gratuíto e unha pista de xeo ecolóxica

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude pon en marcha un ano máis a iniciativa "Alameda en Xogo", coa intención de dinamizar o comercio local e ofrecer alternativas de lecer para toda a familia durante as festas do Nadal. Este espazo contará cunha variada programación de actividades e estará dispoñible todos os días en horario de mañá e tarde, agás os días 24 e 31 de decembro, cando só abrirá pola mañá, e os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro, que permanecerá pechado.

Un Nadal sobre xeo e máis aló

Entre os principais atractivos destaca a pista de xeo ecolóxica, que repite tras o éxito do ano pasado, sendo un dos favoritos para a cativada. Ademais, a carpa incluirá un rocódromo, xogos populares, un futbolín xigante e unha zona con inchables, asegurando a diversión para todos os públicos.

Cine de balde: unha novidade este ano

Como novidade nesta edición, "Alameda en Xogo" acollerá unha programación cinematográfica pensada tanto para público familiar como adulto. As proxeccións serán gratuítas ata completar aforo, sempre ás 19:30 horas. A programación inclúe películas como:

  • 23 de decembro: "As Neves"
  • 26 de decembro: "A canción do mar"
  • 27 de decembro: "A galiña Turuleca"
  • 30 de decembro: "Cuñados"
  • 2 de xaneiro: "Robot dreams"
  • 3 de xaneiro: "Valentina"

Esta iniciativa converte a Alameda compostelá nun punto de encontro clave para a cidadanía durante as festas, combinando actividades dinámicas e culturais co espírito de apoio ao comercio local.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620