Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Boqueixón

Boqueixón contará cun itinerario seguro de 1,3 km para peóns e ciclistas na AC-960

A Xunta anunciou este xoves a construción dunha nova senda peonil na estrada AC-960, no municipio de Boqueixón, que unirá os lugares de Sergude e Rodiño ao longo dun itinerario de 1,3 quilómetros. A actuación contará cun investimento de case 750.000 euros e ten como obxectivo reforzar a seguridade de peóns e ciclistas, considerados usuarios vulnerables da vía.

Itinerarios seguros en Boqueixón

Esta nova senda súmase a outras intervencións xa realizadas na mesma estrada AC-960, onde se construíron 1,8 km de percorridos seguros no treito que conecta A Susana co polígono industrial e A Eirexe.

As actuacións forman parte do Plan de Sendas de Galicia, un programa co que a Xunta leva construídos máis de 300 km de itinerarios sostibles nas marxes das estradas autonómicas. Actualmente, o Goberno galego está a desenvolver a segunda fase do plan, que prevé sumar outros 120 km adicionais en diferentes puntos da comunidade.

Mobilidade sostible recoñecida en Europa

O Plan de Sendas de Galicia foi recoñecido en 2024 nos premios europeos á excelencia na seguridade viaria da Unión Europea. Neste sentido, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue destacou que “a Xunta continúa recuperando espazos para as persoas, para que poidan transitar de forma segura, e conectando o noso territorio baixo a marca da mobilidade sostible e segura”.