Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ames

A Escola Municipal de Música de Ames organiza unhas xornadas de batucada para celebrar o seu 20º aniversario

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Escola Municipal de Música de Ames continúa coa súa programación de actividades enmarcadas dentro da celebración do 20º aniversario da escola. Desta volta, coa realización dun obradoiro de batucada que se desenvolverá ao longo dos días 15, 22 e 29 de marzo, en horario de 11.00 a 13.00 horas. Hai 25 prazas dispoñibles e terá preferencia para apuntarse o alumnado da Escola de Música maior de 8 anos. Con todo, no caso de quedar prazas libres, poderá participar calquera persoa interesada. Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.

ObradoiroBatucadaEMMA2
Cartaz da actividade

A Escola Municipal de Música de Ames organiza neste mes de marzo un obradoiro de batucada con motivo da celebración do 20º aniversario da escola. Así mesmo, realizaranse tres obradoiros, impartidos pola A.C. Trópico de Grelos, nas que o alumnado participante gozará dunhas xornadas cheas de ritmo e diversión ao mesmo tempo que aprenden a tocar os instrumentos de percusión necesarios nesta vertente musical.

É obrigatorio asistir ás tres xornadas de formación. Na terceira e última clase, o día 29, realizarase pola tarde unha saída polas rúas de Bertamiráns para amosar o aprendido nas clases.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620