Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vedra

Unha prospección arqueolóxica en San Xoán da Cova identifica máis de 300 restos de interese histórico

A investigación, financiada pola Deputación da Coruña e apoiada polo Concello de Vedra, revela estruturas medievais e unha cova con material prehistórico

A zona do río Ulla na que se localizaron estruturas asociadas ao desaparecido mosteiro de San Xoán da Cova
A zona do río Ulla na que se localizaron estruturas asociadas ao desaparecido mosteiro de San Xoán da Cova
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O proxecto Iohanes in Eremo, financiado pola Deputación da Coruña e apoiado polo Concello de Vedra, a asociación Raiceiros e Terras de Compostela, presentou este sábado en Ponte Ulla os primeiros resultados da súa investigación sobre o desaparecido mosteiro altomedieval de San Xoán da Cova —tamén coñecido como San Xoán do Ermo—.

Estruturas medievais e muros somerxidos

O director da investigación, o arqueólogo David Fdez. Abella, detallou que durante os primeiros dez días de traballo se levou a cabo unha prospección arqueolóxica intensiva, tanto terrestre como subacuática, na zona do paso de San Xoán da Cova. Este labor permitiu identificar máis de 300 restos, entre eles estruturas e materiais cerámicos de cronoloxía medieval, así como muros somerxidos que poderían pertencer ao antigo mosteiro do século IX.

Segundo lembraron os responsables do proxecto, este enclave monástico desapareceu tras unha enchente do río Ulla no ano 1571, quedando soterrado e perdido na memoria local durante séculos.

Unha cova con material da Idade do Bronce

Ademais dos achados vinculados ao mosteiro, a prospección permitiu localizar outros elementos de interese arqueolóxico, entre eles unha cova natural con material prehistórico, probablemente datado na Idade do Bronce, o que amplía o valor histórico do espazo analizado.

A cova atopada
A cova atopada
Cedida

Os investigadores sosteñen que estes indicios confirman a relevancia do lugar como territorio habitado e simbólico dende épocas moi temperás.

As próximas actuacións

O seguinte paso do proxecto será a realización de sondaxes arqueolóxicas valorativas, co obxectivo de obter datos máis precisos sobre os restos descubertos. A intención do equipo é executar estas intervencións antes de final de ano.

A empresa Cado Arqueoloxía coordina os traballos, que contan co respaldo científico do profesor de Historia Medieval da USC José Miguel Andrade, da profesora de Arqueoloxía Pilar Prieto e do cronista oficial de Vedra, Enrique Neira.

Os resultados iniciais alimentan a esperanza de poder localizar, documentar e recuperar a memoria material dun dos enclaves monásticos máis antigos do territorio de Compostela.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620