Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Rois

As gravacións das Pandeireteiras de Rois pasan a formar parte do Arquivo Sonoro de Galicia

O material, rexistrado en 1986 por un grupo de alumnas do colexio de Rois, foi entregado ao Consello da Cultura Galega coincidindo coa inauguración da exposición sobre a pandeireta

Integrantes das Pandereteiras de Rois do ano 1986. Pola esquerda: Margarita Bustelo, Mercedes Autrán,  Merche Rodrí­guez, Uxí­a Pérez e Guadalupe Ramos
Integrantes das Pandereteiras de Rois do ano 1986. Pola esquerda: Margarita Bustelo, Mercedes Autrán, Merche Rodrí­guez, Uxí­a Pérez e Guadalupe Ramos
JUAN MARTINEZ
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Fai 40 anos, un grupo de nenas de once anos do colexio de Rois, animadas pola profesora de galego, decidiron gravar ás avoas das aldeas do municipio tocando a pandeireta para conservar este patrimonio oral e musical. Este venres, Mercedes Autrán, en representación dese grupo, entregoulle á presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, un pen drive coas gravacións orixinais de 1986, que agora pasarán a formar parte do Arquivo Sonoro de Galicia para preservar e divulgar este importante legado. O acto coincidiu coa inauguración da exposición A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral, presidida polo alcalde, Ramón Tojo.

“Nestes arquivos están gravadas, entre outras, Josefina Queiro Freire, Rosa Bralo e Herminia Curra”, asegurou Mercedes Autrán durante o seu relatorio sobre a 'Transmisión dos coñecementos. O caso das Pandeireteiras de Rois.' No ano 1986, a profesora de galego no colexio de Rois, Cristina García, animou a un grupo de nenas de 11 anos a gravar as avoas das aldeas que tocaban a pandeireta e mantiñan viva a tradición oral. 

Merche Rodríguez, unha das cativas dese grupo e logo integrante de Leilía, utilizou o seu casette para gravar en cintas moitas desas pezas que estiveron gardadas nun caixón ata que decidiron dixitalizar este “importante patrimonio oral”.

“Con esas cancións gravadas ás avoas, as Pandeireteiras de Rois fixemos o noso repertorio, que cantabamos en concursos e no colexio”, lembraba na súa intervención Mercedes Autrán, veciña de Rois que formou parte desas pandeireteiras e que actualmente é profesora da Escola Municipal de Música de Lugo.

Rosario Álvarez agradeceu “esta importante doazón” ao Consello da Cultura Galega (CCG). As pezas vanse incorporar ao Arquivo Sonoro de Galicia, que ten como finalidade “preservar, catalogar, informatizar e divulgar todos estes materiais, que poñemos a disposición de todas as persoas interesadas”, afirmou. 

No acto participaron tamén algunhas das integrantes das Pandeireteiras de Rois e das nenas que realizaron as gravacións en 1986, entre elas Merche Rodríguez, Uxía Pérez, Guadalupe Ramos e Margarita Bustelo.

O alcalde Ramón Tojo e a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, presidiron o acto de presentación da exposición, comisariada por Suso Vaamonde e Luciano Pérez Díaz, no que tamén participou Arturo Lamas Braña nunha sesión de relatorios.

Suso Vaamonde falou da pandeireta na actualidade, incluíndo novos métodos e técnicas de interpretación, e contou coa participación en directo da Escola de música e baile tradicional do Concello de Outes, que interpretou catro pezas con diferentes pandeiretas. Tamén presentou estudos acústicos sobre o instrumento, que pasarán a formar parte dos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia. Na mostra exhíbese unha pandeireta con máis dun século de antigüidade.

A exposición tamén inclúe prensa orixinal da cantareira da Chisca, Josefina Caeiro Freire, así como recreacións realizadas en 1986 por Mercedes Autrán. Antes de chegar a Rois, a mostra itinerante xa visitou Lugo, Pontevedra e Ferrol.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620