Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Rois

Rois mergúllase na historia e evolución da pandeireta galega cunha exposición

O edificio multiúsos acollerá do 22 de maio ao 11 de xuño unha mostra sobre a historia, evolución e vixencia do instrumento

Esta exposición revindica un dos instrumentos máis representativos da nosa tradición
IG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O edificio multiúsos de Rois acollerá do 22 de maio ao 11 de xuño a exposición A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral, unha iniciativa organizada polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Rois arredor dun dos instrumentos máis representativos da tradición musical galega.

A programación inaugural desenvolverase este venres a partir das 18.00 horas coa participación da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; do alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens; e dos comisarios da mostra, Luciano Pérez Díaz e Suso Vaamonde Manteiga.

A continuación celebraranse varios relatorios centrados na transmisión dos coñecementos arredor da pandeireta, a súa evolución e as novas formas de interpretación. Entre eles destaca 'O caso das pandeireteiras de Rois', a cargo de Mercedes Autrán Romero, sobre a experiencia dun grupo de nenas que se achegou á música tradicional da man de avoas cantareiras e dunha mestra hai catro décadas.

O programa incluirá tamén intervencións sobre a percusión de man no Real Coro Toxos e Froles de Ferrol e sobre os novos usos e técnicas de interpretación da pandeireta na actualidade. Ademais, a sesión contará coa participación da Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Outes.

A mostra ofrece un percorrido pola historia, evolución e vixencia da pandeireta galega, un instrumento especialmente ligado ás cantareiras e á música popular tradicional, poñendo en valor a súa conservación e adaptación aos novos contextos culturais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620