Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Rois

Rois abre as inscricións para a Andaina do Santo Isidro Letras Galegas do 17 de maio

A ruta, de 11 quilómetros e carácter non competitivo, sairá desde Urdilde e homenaxeará autoras e autores galegos ao longo do percorrido

Participantes nunha edición anterior da Andaina do Santo Isidro en Rois
Participantes nunha edición anterior da Andaina do Santo Isidro en Rois
Concello de Rois
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Rois abre este mércores 1 de abril o prazo de inscrición para participar na VII Andaina do Santo Isidro Letras Galegas, unha proposta que combina actividade física e cultura e que se celebrará o vindeiro domingo 17 de maio

A andaina, de carácter non competitivo, terá saída e meta no polideportivo de Urdilde e desenvolverase sobre un itinerario de 11 quilómetros sen apenas desnivel, pensado para todos os públicos.

A iniciativa inclúe un compoñente cultural destacado, xa que ao longo do percorrido se renderá homenaxe a autoras e autores das Letras Galegas, mediante sinais informativas situadas en distintos puntos que recollen aspectos da súa obra.

Ademais, as persoas participantes poderán entrar no sorteo dunhas zapatillas deportivas se se fotografan xunto a algún destes paneis e comparten a imaxe nas redes sociais co cancelo #Roiscoasletras antes do 24 de maio. 

Inscrición aberta ata o 13 de maio

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 13 de maio ás 23.59 horas, a través da páxina web habilitada. O custo será de 5 euros para persoas adultas, mentres que as persoas menores poderán participar de balde, sempre acompañadas dunha persoa adulta.

A saída da proba está prevista para as 10.00 horas, cunha recollida de dorsais entre as 08.30 e as 09.30 horas. Durante o percorrido, haberá un punto de avituallamento no quilómetro 6 para repoñer forzas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620