Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Padrón

Padrón regresará á Idade Media coa súa Feira Medieval do 3 ao 5 de xullo

A cita contará con máis de medio cento de actividades, 90 postos e grandes espectáculos para todos os públicos

20260626_Padron_AnxoArca_ChusCampos_presentan_Feira_Medieval-3
O alcalde Anxo Arca e a concelleira Chus Campo presenta a Feira Medieval
JUAN MARTINEZ
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron a programación dunha das principais citas do verán na vila, que volverá converter as rúas de Padrón nun espazo inspirado na Idade Media. Ambos destacaron a importancia da feira como motor turístico, comercial e cultural.

Un ano máis, o irmandamento con Arjonilla (Xaén) terá un papel protagonista. A delegación andaluza realizou o Camiño de Santiago dende Tui ata Padrón, onde será recibida oficialmente o sábado. Esa mesma xornada celebrarase un xantar de confraternidade e, o domingo, ambos municipios completarán xuntos a última etapa da peregrinación ata Santiago.

A feira abrirá o venres coa inauguración do mercado medieval e das demostracións de antigos oficios. Entre as actividades destaca unha cata dos aceites El Trovador de Arjonilla, que terá prazas limitadas e requirirá inscrición previa.

Durante toda a fin de semana haberá música, teatro, malabares, maxia, personaxes fantásticos e animación itinerante, ademais de obradoiros, xogos tradicionais, pintacaras, atraccións e un tren medieval para o público infantil.

Entre os espectáculos máis destacados figuran Quimera, da compañía Pablo Méndez Performance, que combina maxia, mitoloxía e danza acrobática, e Fire Dragons, que pechará a programación o domingo cun espectáculo de lume que ostenta o récord Guinness da laparada máis longa do mundo.

Con 90 postos de artesanía e unha programación pensada para todos os públicos, a Feira Medieval aspira un ano máis a atraer milleiros de visitantes e consolidarse como unha das grandes citas do calendario estival en Padrón.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620