Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Padrón

Padrón incorpora planos turísticos accesibles para persoas con discapacidade visual

A iniciativa, desenvolvida coa colaboración da ONCE, distribúe 500 exemplares dentro da aposta municipal pola accesibilidade e a Q de Calidade Turística

Os planos turísticos inclusivos
Os planos turísticos inclusivos
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Padrón vén de incorporar novos planos turísticos accesibles dirixidos a persoas invidentes ou con dificultades de visión, adaptados con sistema de braille e recursos de relevo táctil, co obxectivo de avanzar cara a un destino máis inclusivo e accesible para todas as persoas visitantes.

A actuación enmárcase nas accións impulsadas pola Oficina de Turismo dentro da certificación da Q de Calidade Turística, distintivo obtido no ano 2024 e que implica unha mellora continua dos servizos, da atención e da experiencia turística.

O proxecto realizouse en colaboración coa ONCE, entidade de referencia en materia de accesibilidade e autonomía das persoas con discapacidade visual, garantindo que os materiais responden ás necesidades reais deste colectivo.

Nesta primeira edición editáronse 500 exemplares, dispoñibles de forma gratuíta na Oficina Municipal de Turismo. Parte destes planos tamén se distribuirán en distintos puntos de interese turístico e establecementos da vila, como aloxamentos, a Fundación Rosalía de Castro, a Fundación Camilo José Cela e a Igrexa de Santiago.

Con esta iniciativa, o Concello de Padrón continúa avanzando na súa estratexia de turismo accesible e sostible, facilitando que todas as persoas poidan coñecer e desfrutar do patrimonio histórico, cultural e paisaxístico do municipio en igualdade de condicións.

A medida supón un novo paso no compromiso municipal coa eliminación de barreiras e coa consolidación dun destino turístico máis inclusivo e de maior calidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620