Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Padrón

Padrón celebra a décima Exposición da Camelia e do Bonsái con 70 expositores

O Convento do Carme acolle desde o 21 de marzo unha cita consolidada que incorpora un novo premio á composición artística e un amplo programa de actividades

A mostra reunirá participantes de toda Galicia e combinará exposición floral, actividades divulgativas e recoñecementos ao cultivo da camelia durante toda a fin de semana
A mostra reunirá participantes de toda Galicia e combinará exposición floral, actividades divulgativas e recoñecementos ao cultivo da camelia durante toda a fin de semana
Cristina Guillen
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Convento do Carme de Padrón acolle desde mañá, sábado 21 de marzo, a X Exposición da Camelia e do Bonsái, unha cita que cumpre dez anos consolidada como referente no calendario botánico e cultural de Galicia.

Organizada por José Freire coa colaboración do Concello de Padrón, esta edición reunirá a 70 expositores chegados de toda a comunidade, que darán forma a unha mostra de gran valor estético e patrimonial arredor dunha das especies máis emblemáticas dos xardíns galegos.

A inauguración oficial terá lugar ás 13.00 horas e estará marcada pola presenza institucional de tres concellos especialmente vinculados á tradición da camelia. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, estará acompañado pola alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e polo alcalde de Vedra, Carlos Martínez, nun encontro que simboliza a irmandade e a colaboración entre territorios que comparten unha fonda relación con esta flor. Neste acto inaugural haberá tamén un momento moi especial: unha homenaxe chea de agarimo ao coleccionista Ramón Abalo, referente no cultivo da camelia e exemplo de dedicación e paixón por esta especie.

Entre as novidades desta décima edición destaca a creación dun novo premio á mellor composición artística, co que o xurado recoñecerá a creatividade e a orixinalidade nas montaxes que combinen camelias con outros elementos decorativos, ampliando así a dimensión artística da exposición.

A actividade comezará xa desde primeira hora da mañá do sábado, ás 9.30 horas, coa colocación das flores por parte dos participantes. Ao longo da fin de semana, veciñanza e visitantes poderán gozar dun completo programa de actividades gratuítas para todos os públicos, que inclúe obradoiros, visitas guiadas e propostas lúdicas como o escape room A dama das Camelias, dirixido á rapazada.

Ademais, o evento manterá a súa aposta pola divulgación artística con dúas exposicións permanentes no propio Convento do Carme: a mostra de pintura en acuarela Sumi-e 'A sutileza da auga e do xesto', da academia Mar de la Corte, e 'Do estudo á luz', unha colección de obras de alumnado do centro arousán.

Como é habitual, tamén se entregarán os tradicionais premios ás mellores camelias, entre eles os galardóns Amigos da Camelia de Padrón e o premio Orixe Galega á flor individual máis destacada, aos que se suma nesta edición o novo recoñecemento á composición artística.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620