Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Padrón

Padrón recoñece o papel de oito mulleres referentes co proxecto institucional Rumorosas 2026

A iniciativa do Concello de Padrón visibiliza traxectorias femininas do comercio, a educación, a ciencia, a industria e o deporte no marco do 8M 

A Gala do 8M de Padrón, na que se presentará Rumorosas 2026, celebrarase o 8 de marzo ás 18.30 horas no auditorio municipal
A Gala do 8M de Padrón, na que se presentará Rumorosas 2026, celebrarase o 8 de marzo ás 18.30 horas no auditorio municipal
Concello de Padrón
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Padrón, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, conmemora o Día Internacional da Muller coa presentación de Rumorosas 2026. Esta iniciativa institucional busca visibilizar e recoñecer o papel fundamental de mulleres que, co seu esforzo diario e a súa excelencia profesional e humana, foron e son pezas clave no motor social e económico de Padrón. O acto de homenaxe terá lugar durante a Gala do 8M o domingo 8 de marzo ás 18.30 horas no Auditorio de Padrón.

Nesta nova edición, o proxecto pon o foco en perfís diversos que abranguen dende o comercio centenario e o compromiso social, ata a vangarda da investigación científica e o deporte. Todas elas comparten un fío común: a determinación de abrir camiños nunha sociedade que aínda traballa pola igualdade real. Son mulleres que constrúen comunidade, que educan en valores e que demostran que o talento non entende de xéneros.

As protagonistas

Lola Paz foi mestra de primaria durante 38 anos e dedicou a súa vida a educar dende o corazón. Tras xubilarse e logo de criar a cinco fillos, o seu compromiso non parou e hoxe é un piar fundamental no voluntariado de San Vicente de Paúl

Amparo Acosta simboliza a forza feminina no sector industrial. Foi unha das primeiras mulleres en integrarse na Picusa, á que dedicou máis de catro décadas de compromiso e constancia. Pola súa banda, Anabel Rivas é catedrática de Latín e Grego, formou a xeracións de alumnos e alumnas durante catro décadas cunha convicción firme: a educación é rigor, pero tamén é gozo. 

Carmen Osorio estivo á fronte da Tienda Mundial durante corenta anos. Herdou e transmitiu a forza das mulleres da súa familia sempre dando exemplo de traballo, constancia e dignidade. No caso de Catalina Pereira, representa a forza dunha nova xeración de rapazas que medran co balón nos pés e os obxectivos ben claros. O seu talento e dedicación leváron a en 2024 a proclamarse campioa galega coa selección comarcal de Santiago e agora a formar parte da Selección Galega sub-16. 

María Teresa López chegou a Padrón sendo moi nova e asumiu a responsabilidade de conservar e actualizar a histórica Joyería Escotti, fundada en 1865. Verónica Blanco é bióloga e investigadora en biotecnoloxía na USC, defensora da educación sen estereotipos, do respecto, da honestidade e da sororidade, e comprometida en abrir camiños para novas xeracións de científicas.

Finalmente, Eneida León é TSAF e adestradora personal, que leva máis dunha década axudando a homes e mulleres a sentirse seguros e saudables, promovendo a disciplina, a constancia e o coidado persoal como claves para o benestar e o empoderamento. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620