Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Padrón

Padrón recupera preto de 1 millón de euros en recibos atrasados do mercado dominical

O goberno local desbloqueou expedientes paralizados, poñendo ao día a xestión dun dos principais motores económicos do municipio

Mercado Padrón
O Concello de Padrón regularizou os cobros pendentes do mercado dominical
CRISTINA GUILLEN
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

No último ano, o Concello de Padrón conseguiu recuperar preto de 1 millón de euros correspondentes aos recibos do mercado dominical que permanecían sen cobrar desde hai anos. Estes atrasos acumulados foron consecuencia directa do deixamento e da falta de xestión do anterior equipo de goberno do Partido Popular, que mantivo practicamente paralizada a tramitación destes expedientes.

Unha das prioridades do actual equipo de goberno, desde a súa chegada en 2023, foi precisamente poñer ao día a administración municipal, desbloqueando numerosos procedementos que levaban tempo sen tramitar e que estaban a prexudicar tanto ás arcas municipais como ao funcionamento ordinario dos servizos públicos.

O concelleiro de Mercados, Luis Mariño, destaca que “esta importante recuperación económica é froito dun traballo rigoroso e constante para normalizar a situación que nos atopamos e que permite unha mellora a futuro no funcionamento”. Pola súa banda, o alcalde, Anxo Arca, subliña que “era necesario actuar con responsabilidade e ordenar unha situación que acumulaba anos de atrasos”.

O Executivo local subliña ademais que o mercado dominical de Padrón é o máis grande de Galicia e un dos motores económicos e sociais máis importantes do municipio. O equipo de goberno valora que "o deixamento na xestión dun sector que máis dinamiza o noso concello amosa o estado no que se atopaba a administración anterior".

A regularización destes cobros non só supón unha recuperación de ingresos imprescindibles para seguir mellorando os servizos públicos, senón que tamén garante un funcionamento máis transparente, eficiente e xusto do histórico mercado dominical.

O Concello continuará traballando para actualizar outros procedementos que tamén quedaron sen tramitar nos últimos anos, coa vontade de devolver á administración municipal o dinamismo e a eficacia que a veciñanza merece.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica