Carmen Calvo presentará en Padrón o seu libro 'Nosotras: el feminismo en la democracia' nunha visita institucional
A presidenta do Consello de Estado e exvicepresidenta do Goberno estará este martes 7 de outubro no Concello de Padrón, acompañada polos alcaldes de Padrón e Dodro e representantes municipais de Rois

O Concello de Padrón, en colaboración cos concellos de Rois e Dodro a través do CIM Terras de Iria, acollerá este martes 7 de outubro a visita institucional da presidenta do Consello de Estado e exvicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, quen presentará o seu libro Nosotras: el feminismo en la democracia.
A súa chegada está prevista ás 16.30 horas, cando será recibida oficialmente no Concello de Padrón. Uns minutos despois, ás 16.35 horas, Calvo asinará no libro de honra do municipio, antes de protagonizar a presentación da súa obra ás 17.00 horas no Auditorio Municipal de Padrón.
Un encontro arredor do feminismo e a democracia
A presenza de Carmen Calvo en Padrón insírese dentro dunha axenda institucional conxunta entre os tres concellos do CIM Terras de Iria, centrada na promoción da igualdade e o pensamento feminista.
No acto participarán o alcalde de Padrón, Anxo Arca; o alcalde de Dodro, Xabier Castro; a concelleira de Servizos Sociais de Rois, Mercedes Basante; e a concelleira de Igualdade de Padrón, Mariló Saco, ademais do persoal técnico do CIM.











