Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Padrón

A Xunta lembra en Padrón que as axudas extraordinarias ao retorno rematan o 30 de setembro

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que xa se presentaron máis de 1.100 solicitudes na convocatoria deste ano

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante o encontro
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante o encontro
Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou este martes en Padrón nun encontro con Lorena Evangelina García Zaragoza, quen regresou desde A Arxentina coa súa familia grazas ás axudas extraordinarias ao retorno da Xunta de Galicia.

Miranda subliñou que esta familia “representa perfectamente o efecto tractor destas axudas”, ao favorecer o regreso conxunto de varias xeracións. No caso de Lorena, volveu acompañada do seu marido, dous fillos, un sobriño e o seu pai, un exemplo que, segundo dixo, mostra como esta convocatoria facilita unha nova vida en Galicia con seguridade e dignidade

Apoio ás familias retornadas

O responsable autonómico incidiu en que estas axudas non se limitan a unha cifra orzamentaria, senón que cobren os primeiros gastos de instalación, apoian nos trámites iniciais e serven de punto de partida para acadar estabilidade laboral e vital. Tamén destacou o papel fundamental que desempeñan as oficinas de retorno, encargadas de acompañar ás familias no proceso de integración.

Máis de mil solicitudes en 2025

Na edición de 2025, a Xunta recibiu 1.166 solicitudes destas axudas, procedentes de países como Cuba, Reino Unido, Arxentina, Suíza, Brasil, Estados Unidos ou Venezuela.

O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 30 de setembro, polo que Miranda animou ás familias galegas do exterior a tramitar a súa solicitude antes de esa data. Ademais, comprometeuse a seguir reforzando este apoio “para que ningunha familia que queira volver quede atrás”.