Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Pino

O Pino pregunta á veciñanza: que deporte queres practicar o vindeiro curso?

O Concello lanza unha enquisa para deseñar a programación deportiva 2026-2027 segundo os intereses de todas as idades

A consulta inclúe propostas para infancia, persoas adultas e familias, e permite achegar novas ideas para mellorar a oferta deportiva municipal
A consulta inclúe propostas para infancia, persoas adultas e familias, e permite achegar novas ideas para mellorar a oferta deportiva municipal
Serena Repice Lentini
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
LICEO-620X50

O Concello do Pino pon en marcha unha nova enquisa co obxectivo decoñecer as preferencias da veciñanza en relación ás actividades deportivas de cara ao curso 2026-2027. Esta iniciativa busca seguir mellorando e ampliando a oferta municipal, adaptándoa aos intereses reais da poboación.

A través desta consulta, o Concello pretende recoller información directa sobre os hábitos deportivos actuais, así como sobre as actividades que máis interesan a nenos e nenas, adolescentes, persoas adultas e familias. Deste xeito, poderase deseñar un programa máis diverso e axeitado ás diferentes idades e necesidades.

A enquisa inclúe diferentes bloques nos que se poden seleccionar actividades deportivas como bádminton, fútbol sala, natación, patinaxe, voleibol, ximnasia rítmica, zumba ou xogos predeportivos para a poboación máis nova. No caso das persoas adultas, recóllense opcións como pilates, ioga, cross training, circuítos funcionais, baile ou sendeirismo guiado, entre outras. Ademais, tamén se contempla un apartado específico de actividades familiares, como roteiros en bicicleta, xogos cooperativos ou sesións de ioga en familia.

Un dos aspectos destacados da enquisa é a posibilidade de achegar suxestións propias, co fin de incorporar novas propostas que respondan aos intereses da veciñanza e contribuír a mellorar tamén outros servizos relacionados co deporte, como o ximnasio municipal.

O Concello do Pino anima a toda a cidadanía a participar nesta enquisa, xa que a súa colaboración será clave para construír unha programación deportiva máis participativa e adaptada á realidade do municipio. A enquisa estará activa ata o luns 20 de abril.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina