Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Pino

A Festa de Nadal do Pino reúne a máis de 200 persoas pese ao mal tempo

Obradoiros infantís, chocolate con churros e música tradicional protagonizaron a celebración na Casa da Cultura

Pino Festa de Nadal
A concelleira de Cultura, Eva Varela, destacou a alta participación na Festa de Nadal organizada polo Concello do Pino
Juan Martínez
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Máis de 200 persoas gozaron este sábado na Festa de Nadal do Pino, na que a cativada preparou adornos de Nadal nos obradoiros que se celebraron na Casa da Cultura, a onde se trasladou a festa polo mal tempo. Houbo chocolate con churros e música coa Agrupación Folclórica Reviravolta de Lardeiros.

Dende primeira hora, a cativada estivo preparando os adornos de Nadal nos obradoiros para decorar as súas casas, sacando fotos na zorra de Papá Noel e, algúns, deixaron as cartas na caixa de correos que estaba na entrada do edificio.

Despois de varias horas de intenso traballo, puideron repoñer forzas cun chocolate quente con churros, que se repartiron entre todas as persoas asistentes.

A Agrupación Folclórica Reviravolta de Lardeiros achegouse para poñer música e animar unha festa moi concorrida. Durante a actuación presentaron ao novo grupo de pandeireteiras, que garante a continuación da afección pola música tradicional no municipio do Pino.

Durante a festa, moitas das persoas asistentes louvaron a calidade dos cadros que pintaron os nenos e nenas do Pino que acoden ao taller ImaginArte, que imparte a veciña Alejandra Rebollo Audiffred. A exposición con estas obras pode verse na entrada do centro.

A concelleira de Cultura, Eva Varela, destacou a “elevada participación na Festa de Nadal” e animou a “mocidade a seguir apostando pola música tradicional como fan estas novas pandeireteiras de Reviravolta”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620