Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Negreira

Negreira e Outes acollen esta fin de semana as funcións de ‘Globe Story’ e ‘Zozobra’ dentro de Camiño Escena Norte

A sétima edición do proxecto encara a súa recta final en Galicia coa presenza de compañías de A Rioxa e Asturias

A función 'Globe Story'
A función 'Globe Story'
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Negreira e Outes converteranse esta fin de semana nos novos escenarios de Camiño Escena Norte, o proxecto de intercambio cultural que une ás artes escénicas de seis comunidades do norte peninsular. A cita, que afronta a súa penúltima fin de semana de programación en Galicia, traerá dous espectáculos de teatro que combinan humor, reflexión e unha posta en escena singular.

Humor e cine mudo en Negreira

O venres 17, ás 20.30 horas, o Auditorio Municipal Afonso Eanes de Cotón de Negreira acollerá a representación de Globe Story, da compañía rioxana El Perro Azul. A peza, pensada para todos os públicos, rende homenaxe ao cine mudo a través dunha historia de amor contada con ritmo trepidante, comicidade e música de piano en directo. As entradas teñen un prezo de 3 euros e poden adquirirse en woutick.es.

Reflexión sobre a “España cañí” en Outes

Dous días despois, o domingo 19 ás 20.00 horas, a Casa da Cultura de Outes recibirá Zozobra, unha coprodución das compañías asturianas La Roca Producciones e Acar Teatro del Mundo. O espectáculo, dirixido a público adolescente e adulto, preséntase como “unha labazada de teatro que axita rúas e conciencias, un xute humorístico e reflexivo da España cañí”. As entradas están dispoñibles en bandoticket.com por 5 euros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620