Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Dodro

Dodro homenaxeará este mércores a Moncho Reboiras no 51 aniversario do seu asasinato

O Concello entregará á súa familia o título que o recoñece como Fillo Predilecto do municipio

17549090798312
Xosé Ramón Reboiras Noia, en una imagen de archivo. 
FUNDACIÓN MONCHO REBOIRAS
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Concello de Dodro homenaxeará este mércores, 12 de agosto, a Xosé Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, coincidindo co 51 aniversario do seu asasinato en Ferrol a mans da policía franquista.

Os actos comezarán ás 12.00 horas no cemiterio de Imo, cunha ofrenda floral. Posteriormente, ás 13.00 horas, a Eira da Lavandeira acollerá o acto institucional no que o Concello fará entrega á familia de Reboiras do título que o recoñece como Fillo Predilecto de Dodro.

No acto intervirán Manuel Reboiras Noia, irmán de Moncho, e varios concelleiros, mentres que a clausura correrá a cargo do alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís.

A homenaxe forma parte do programa de actos organizado para lembrar a figura de Moncho Reboiras, que tamén contará con actividades en Fene e Santiago de Compostela. Os actos comezarán este martes 11 de agosto en Fene, coa inauguración dun monólito dedicado ao militante nacionalista e sindicalista, e continuarán pola tarde en Compostela, cunha homenaxe na Carreira do Conde.

Unha figura ligada ao sindicalismo galego

Moncho Reboiras, nado en Imo, ocupa un lugar destacado na historia do nacionalismo galego contemporáneo e do movemento obreiro. Foi impulsor e coordinador da Fronte Obreira da UPG e participou no proceso que levou á creación do Sindicato Obreiro Galego (SOG), antecedente do actual sindicalismo nacionalista.

Na madrugada do 12 de agosto de 1975, Reboiras foi asasinado pola policía franquista en Ferrol, onde se atopaba agochado nun edificio da Rúa da Terra. Tiña 25 anos.

En 2009, o Estado recoñeceu oficialmente a Reboiras como vítima do franquismo e a súa familia recibiu o certificado de reparación e recoñecemento persoal.

O Concello de Dodro iniciou en 2022 unha serie de iniciativas para reivindicar a súa figura, entre elas o nomeamento da rúa Moncho Reboiras no tramo da estrada AC-305 onde se atopa a súa casa natal. En novembro de 2025 aprobouse tamén o seu nomeamento como Fillo Predilecto do municipio.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620