Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Dodro

Inés Mosquera gaña o XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O concello de Dodro entregou este sábado o galardón á autora pola súa obra Upupú

A autora na palestra recolle o premio da obra gañadora, elexida entre 42 candidaturas
A autora na palestra recolle o premio da obra gañadora, elexida entre 42 candidaturas
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Dodro celebrou hoxe o acto de entrega do Certame de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo concello e coordinado pola poeta Silvia Penas. O pasado mes de novembro o xurado elixiu a obra "Upupú" da poeta Inés Mosquera Calvo.

A obra foi elixida entre corenta e dúas candidatas presentadas. O xurado estivo composto polas poetas María Lado Lariño, Noelia Gómez Calvo e Miguel Cavadas Docampo, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro. 

Na acta o xurado destaca da obra a referencia ao paxaro Upupú que “soa ao longo dos poemas como unha oración, e álzase por riba de todo: da dor, da enfermidade, da vergonza. 

Dividido en cinco partes: Lingua de xirín, Ás de pardal, A vergonza de amá, Bubela e a Ditadura da bubela. O poemario contén diversas citas de poetas (case todas mulleres) que acompañan no niño que a muller/paxaro artella, un voo preciso”

A gañadora do XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Inés Mosquera Calvo, naceu en Carcacía (Padrón), en 1992. 

É graduada en Educación Primaria especializada na docencia de linguas estranxeiras e cun Mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Na actualidade exerce como tradutora.

Iniciou a súa traxectoria no ámbito da creación poética no ano 2022, coa publicación de 'Papulas Amarelas' (Medulia Editorial). No 2023, saíu do prelo o segundo libro de poemas, Nonmesquezas. En paralelo, foron publicándose outros textos poéticos en volumes colaborativos como Dorna ou Domingo das Mozas.

No acto de entrega participaron a coordinadora do certame, Silvia Penas; a autora Inés Mosquera e Manuel Martinez en representación da editorial Chan da Pólvora, ademais do alcalde de Dodro, Xabier Castro e o concelleiro de Cultura, Ramón Abuín.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620