Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Dodro

Dodro nomea Fillo Predilecto a Moncho Reboiras cincuenta anos despois do seu asasinato

O pleno aprobou por maioría a proposta do BNG, coa colaboración do PSOE e UV, nun acto que serviu tamén de homenaxe á memoria do veciño de Imo

Un momento do pleno ordinario de novembro no que se acordou conceder o título de Fillo Predilecto de Dodro a Moncho Reboiras
Un momento do pleno ordinario de novembro no que se acordou conceder o título de Fillo Predilecto de Dodro a Moncho Reboiras
Cedida
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O salón de plenos do Concello de Dodro acolleu este martes unha sesión marcada pola emoción e o simbolismo. Co apoio do PSOE e da Unidade Veciñal (UV), o grupo municipal do BNG conseguiu aprobar a proposta para conceder a distinción de Fillo Predilecto a Moncho Reboiras, o histórico militante nacionalista asasinado pola policía franquista en 1975.

A iniciativa, impulsada polo voceiro nacionalista Xoán Bautista Mariño, foi acompañada pola lectura dunha xustificación de máis de catro páxinas na que se repasou a traxectoria vital e política de Reboiras e o seu legado no movemento obreiro e nacionalista galego. No salón, ateigado de veciños, familiares e simpatizantes, tamén estiveron presentes representantes do Comité de Honra do 50 aniversario do asasinato, integrado polas fundacións Moncho Reboiras, Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas e Galiza Sempre, entre outras entidades.

Un recoñecemento simbólico e reparador

Mariño destacou que a distinción chega “cincuenta anos despois do asasinato do noso veciño de Imo, coñecido dentro e fóra de Galiza como vítima do franquismo”, e agradeceu o apoio do resto das formacións progresistas. Subliñou ademais a “formación intelectual, sindical e capacidade de liderado político” de Reboiras, cuxo labor foi determinante na creación da actual CIG, central sindical maioritaria en Galicia, con máis de 5.000 delegadas e 86.000 persoas afiliadas.

O edil nacionalista lembrou tamén a loita da familia e do deputado do BNG Paco Rodríguez, grazas á cal o Estado recoñeceu en 2009 a Moncho Reboiras como vítima do franquismo. “O avogado Nemesio Barxa puido demostrar anos máis tarde a manipulación do atestado policial, que tentaba facer pasar o seu asasinato por un suicidio”, recolle o texto aprobado no pleno.

Memoria e futuro

O nomeamento de Fillo Predilecto súmase á serie de iniciativas que Dodro ten impulsado nos últimos anos para preservar a memoria do seu veciño máis ilustre, como a Rúa Moncho Reboiras, creada en 2022 durante o mandato do BNG, e outras homenaxes por toda Galicia en forma de exposicións, publicacións e documentais.

Mariño insistiu en que este recoñecemento “é tamén unha lección para as futuras xeracións no respecto e na defensa da democracia”, e lamentou a ausencia de apoio por parte das forzas da dereita. “O de hoxe é outro acto necesario como recoñecemento, pero tamén para ensinar a nunca máis sufrir o fascismo”, dixo durante a súa intervención.

A sesión rematou cun xesto simbólico: o voceiro nacionalista amosou unha obra da artista Andrea López (Andrea de Toba), pertencente á exposición A semente de vencer, na que se recrea como podería ser hoxe Moncho Reboiras. “Pepe morreu, pero Moncho segue vivo”, lembrou Mariño, citando as palabras do irmán do homenaxeado no documental estreado recentemente en Imo.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica