Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Brión

A XI Andaina Terras de Altamira de Brión bate récord con 1.200 participantes

A proba, puntuable nas ligas galegas e ibéricas de sendeirismo, contou con tres distancias 

AndainaTerrasAltamira5
AndainaTerrasAltamira5
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A XI Andaina Terras de Altamira, organizada pola asociación O Esquío no Piñeiro en colaboración co Concello de Brión, vén de bater todos os récords de participación, con 1.200 persoas percorrendo os montes e aldeas do municipio este sábado, 200 máis que na edición anterior. 

Trátase dunha proba non competitiva pero puntuable tanto para a Liga Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo (FGM) como para a Liga Ibérica de Sendeirismo da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

Tras gardar un minuto de silencio pola traxedia acontecida esta semana no municipio, o alcalde de Brión, Pablo Lago, e o presidente da Federación Galega de Montañismo, Alejandro López Sánchez, deron a saída a unha proba cun percorrido de tres distancias: 16, 33 e 50 quilómetros, a escoller segundo o nivel de esixencia física.

A saída tivo lugar na contorna da Carballeira de Santa Minia, desde onde o pelotón partiu cara á aldea de Lamiño ata chegar ao Balneario do Tremo. Desde alí continuou polas aldeas do Cabo e O Rial cara Bastavales, sempre por camiños de monte e pasando por enclaves como o Santo Arandel, a Ponte Paradela ou o Pazo Faramello, chegando tamén ás mámoas do Monte Rañalonga e ás Torres de Altamira no caso do percorrido de 50 quilómetros.

A XI Andaina Terras de Altamira foi organizada polo Concello de Brión e a asociación O Esquío no Piñeiro, coa colaboración da Federación Galega de Montañismo, a Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada, a Universidade de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña, Deporte Galego, a Liga Galega de Andainas e a Liga Ibérica de Sendeirismo.

A pesar de aumentar o número de prazas ata 1.200, as inscricións tiveron que pecharse un mes antes debido a que se cubriron todas. Incluso se abriu un prazo extraordinario nas últimas semanas para cubrir baixas de persoas inscritas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620