Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Brión

Comeza a terceira edición da Mostra de Teatro EM-Brión con sete compañías

O centro social acollerá do 22 ao 31 de maio unha programación de teatro amador con participación de centros escolares de distintas partes de Galicia

Teatro Maniotas organiza esta mostra
Teatro Maniotas organiza esta mostra
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O centro social polivalente de Brión acollerá do 22 ao 31 de maio unha nova edición da Mostra de Teatro EM-Brión, organizada por Teatro das Maniotas, o grupo teatral formado por alumnado do IES de Brión, coa colaboración do concello brionés. 

A mostra de teatro chega este ano á súa terceira edición e reunirá sete compañías teatrais procedentes de centros educativos e escolas de Cee, O Porriño, Vedra, Outes, Santiago e Brión.

Seis das sete funcións serán abertas ao público, con entrada libre e de balde ata completar aforo. Todas as representacións comezarán ás 20:00 horas, comezando este venres 22 de maio coas “Pezas teatrais”, do IES Ribeira do Louro (O Porriño). O sábado 23 será a quenda de Papaventos (Vedra), coa obra “Ata que soe o timbre”.

Na seguinte semana actuarán os grupos restantes. O venres 29, o grupo local Teatro das Maniotas representará “Sobremesa”. O sábado 30 será a quenda de Teatro Terra de Outes coa peza “A praia do demo”. 

O peche da mostra incluirá un programa dobre a cargo de compañías compostelás: “Deuses contra titáns”, da Escola de Teatro Pábulo, e “Romeo e Xulieta”, adaptación da Aula de Teatro do Centro Social de Conxo.

A única función non aberta ao público será “Magnetismo”, de Tuéjele Teatro (IES Fernando Blanco de Cee), que terá lugar o hoxe, venres, ás 11:00 horas, destinada exclusivamente ao alumnado do IES de Brión

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620