Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Brión

O coworking de Brión reforza os seus obradoiros con 13.500 euros para impulsar conservas artesanais

O proxecto de valorización de recursos locais permitirá aumentar a capacidade produtiva e mellorar as garantías sanitarias dos obradoiros de Darredor

Visita ás instalacións do coworking de Brión, xestionado pola Asociación Darredor, coa participación da Deputación da Coruña e do Concello de Brión
Visita ás instalacións do coworking de Brión, xestionado pola Asociación Darredor, coa participación da Deputación da Coruña e do Concello de Brión
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, e aconcelleira de Emprego de Brión e presidenta do GDR Terras de Compostela, Guarina Rey, visitaron esta mañá as instalacións do coworking de Brión, que xestiona a Asociación Darredor en Brión, entidade beneficiaria dunha subvención da Deputación da Coruña para o proxecto “Valorización de recursos locais para aelaboración de conservas artesanais”. O investimento, que ascende a 13.500 euros, permitirá mellorar os obradores da entidade e aumentar a súa capacidade deprodución.

Ambas estiveron guiadas pola presidenta da Asociación Darredor, Nieves Dosil, e pola dinamizadora do coworking brionés, Carme Freire. Capelán destacou que Darredor desempeña un papel clave na transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais da contorna e sinalou que o apoio a iniciativas como esta xera valor engadido ás producións locais, evita perdas e abre novas oportunidades económicas para produtoras e produtores do rural. Engadiu que o asociacionismo demostra que a cooperación e a innovación son ferramentas fundamentais para dinamizar o territorio.

A subvención permitiu a Darredor adquirir nova maquinaria e equipamento para os dous obradores da entidade, o de conservas vexetais e o de masas. Estas melloras optimizarán a transformación de alimentos, reforzarán as garantías sanitarias e incrementarán a capacidade produtiva. 

Cos produtos do agro local elaboran marmeladas, cremas de verduras, zumes de froitas, froitas deshidratadas e outras preparacións que permiten aproveitar mellor as colleitas mediante a súa transformación, xerando maior valor engadido e reducindo perdas no campo. Uns produtos que, grazas a espazos colaborativos como o coworking de Brión, poden chegar ao mercado con todas as garantías sanitarias e con produtos elaborados como zumes, marmeladas, salsas, patés, cremas...que se producen e transforman dun xeito totalmente sostible”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620