Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Brión

Brión rende homenaxe a Rosalía cunha ofrenda floral en Bastavales

Máis dun cento de persoas, maioritariamente alumnado dos centros educativos do concello, participaron no acto no exterior da igrexa parroquial, dentro da programación do Mes de Rosalía

A igrexa parroquial de San Xulián acolleu a ofrenda floral do concello adicada á poeta
A igrexa parroquial de San Xulián acolleu a ofrenda floral do concello adicada á poeta
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales acolleuesta mañá a tradicional ofrenda floral do Concello de Brión á Rosalía de Castro naque participaron máis dun cento de persoas, na súa maioría rapazada procedente do IES de Brión e do CEIP de Pedrouzos

A xornada abriuse cun toque de campás da man do campaneiro de Bastavales, lembrando que unhas campás semellantes foron as que inspiraron os famosos versos do libro “Cantares Gallegos”, se ben as campás non son as mesmas, xa que a veciñanza tivo que cambialas a mediados do século pasado.

Escolares do IES de Brión e do CEIP de Pedrouzos, xunto a representantes do Concello de Brión, participando na ofrenda
Escolares do IES de Brión e do CEIP de Pedrouzos, xunto a representantes do concello, participando na ofrenda

Acto seguido tivo lugar a tradicional Ofrenda Floral do Concello de Brión no exterior da igrexa, un acto presidido polo alcalde de Brión, Pablo Lago, e as concelleiras de Cultura, Sandy Cebral, e Servizos Sociais, Rosa Romero, que deron paso á lectura dunha serie de poemas e escritos por parte do alumnado dos centros educativos brioneses.

A maiores, durante o día de hoxe terá lugar unha nova edición do Caldo de Gloria e do Café con verso en diferentes establecementos hostaleiros de Brión. Dúas iniciativas que inclúen a degustación da receita rosaliana do Caldo de Gloria, así como a entrega dun poema de Rosalía de Castro con cada café que se consuma no establecemento.

Mes de Rosalía

A programación especial do Mes de Rosalía do Concello pecharase o venres 27 de febreiro co espectáculo “De nome, Rosalía”, do Grupo Ouriol, formado por Eva Veiga, Bernardo Martínez, Fito Ares e Alfonso Costa. Trátase dun espectáculo dedicado á poesía de Rosalía de Castro, especialmente á recollida en 'Cantares Gallegos' e 'Follas Novas'. Será no centro social polivalente o venres 27 de febreiro, ás 20.30 horas. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620