Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Brión

Brión e Deputación avanzan nunha senda peonil de case un quilómetro en Mourentáns

O borrador do proxecto será presentado nas vindeiras semanas para licitar as obras canto antes

Reunión entre el alcalde de Brión y la diputada de Infraestruturas Viarias para avanzar en el proyecto
Reunión entre el alcalde de Brión y la diputada de Infraestruturas Viarias para avanzar en el proyecto
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O Concello de Brión e a Deputación da Coruña deron un novo paso para mellorar a seguridade viaria no municipio co avance na construción dunha senda peonil de case un quilómetro na estrada DP-1302 Negreira–Urdilde, ao seu paso pola aldea de Mourentáns. O acordo acadouse nunha reunión entre o alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e a deputada responsable de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais, Mónica Rodríguez Ordóñez, na que tamén participaron técnicos provinciais e municipais.

A actuación prevé a execución de beirarrúas ao longo de 950 metros, entre os puntos quilométricos 3+215 e 4+074, nun tramo con tráfico intenso e practicamente sen espazo para peóns. O alcalde confirmou que o Concello xa dispón dos terreos necesarios grazas ás cesións acordadas cos propietarios nos últimos meses e agradeceu a colaboración da veciñanza para facer posible unha obra reclamada desde 2021

Próximos pasos e prazos

A Deputación presentará nas vindeiras semanas o borrador do proxecto, nunha nova reunión co Concello, momento no que tamén se concretará o orzamento da actuación. Posteriormente, será o ente provincial o encargado de redactar o proxecto técnico definitivo e licitar as obras, co obxectivo de que poidan comezar canto antes.

Durante o encontro, o alcalde de Brión volveu trasladar outras peticións pendentes na DP-1301 A Gándara–Amañecida, como o remate do tramo entre A Luaña e Nináns e a mellora da seguridade viaria entre Liñares e Gronzo, unha vía estreita e moi transitada. Desde o Concello insisten na necesidade de humanizar estes tramos, especialmente en núcleos en crecemento, para garantir unha circulación máis segura tanto para vehículos como para peóns.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina