Brión acolle un obradoiro gratuíto de primeiros auxilios na infancia
A formación celebrarase o 9 de febreiro no centro social polivalente e está dirixida a 30 veciños e veciñas previa inscrición

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia no que 30 veciños e veciñas poderán adquirir coñecementos básicos e resolver dúbidas sobre como administrar os primeiros auxilios a menores. A participación é de balde, previa inscrición na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
O curso terá lugar o vindeiro 9 de febreiro, de 16.00 a 20.00 horas, no centro social polivalente brionés. Será impartido por Carlos Prados Sande, diplomado universitario en Enfermería e FPUS 061 Galicia, que explicará como actuar diantede feridas, hemorraxias, reaccións alérxicas, queimaduras, convulsións, crises epilépticas... e ensinará técnicas básicas de reanimación cardiopulmonar ou para evitar atragoamentos.
A concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, explica que “este curso xurde despois do éxito acadado o pasado mes de outubro coa formación de reanimación cardiopulmonar, pois é moi importante que todas as persoas aprendamos técnicasde primeiros auxilios para saber como actuar diante de determinadas situacións xa que iso pode axudar a salvar moitas vidas”.








