Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Brión

Os Reis Magos percorren as parroquias da parte alta de Brión

Melchor, Gaspar e Baltasar mantiveron encontros coa veciñanza de Cornanda, Luaña, Viceso, Ons e Boullón, ademais de achegarse á residencia Servisenior Brión e ao programa Concilia Nadal

Visita dos Reis Magos ás parroquias da parte alta de Brión e a diferentes recursos municipais durante a xornada da mañá
Visita dos Reis Magos ás parroquias da parte alta de Brión e a diferentes recursos municipais durante a xornada da mañá
Concello de Brión
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Os Reis Magos visitaron durante esta mañá as parroquias da “parte alta” de Brión (Cornanda, Luaña, Viceso, Ons e Boullón), así como ás persoas maiores da residencia Servisenior Brión e á rapazada que participa no programa Concilia Nadal Brión. 

Como en anos anteriores, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron nun autobús de época, acompañados polo alcalde Pablo Lago; as concelleiras de Cultura, Sandy Cebral, e Servizos Sociais, Rosa Romero; e o concelleiro de Obras, Antonio Vidal.

A diferenza de anos anteriores, o tempo acompañou. Iso permitiu que mentres Melchor, Gaspar e Baltasar recibían a cada pequeno e escoitaban as súas peticións de agasallos no interior dos locais sociais; no exterior a rapazada xogaba e degustaba a bolsa de lambonadas que lles entregaran os reis. Así mesmo, tanto crianzas como persoas adultas desfrutaron tamén dunha degustación de roscón de reis e dun chocolate con churros de balde.

Para esta tarde quedan as visitas ao adro da igrexa de Bastavales, a contorna da igrexa de San Salvador, o campo da feira de San Ramón (O Tremo), o adro da igrexa dos Ánxeles e a Carballeira de Santa Minia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620