Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Brión

Brión renova por catro anos o convenio coa Fundación Rosalía e garante acceso gratuíto á Casa-Museo

O acordo inclúe achegas anuais de 1.000 euros e permite a escolares, entidades culturais e agora tamén a toda a veciñanza visitar sen custo a Casa de Rosalía en Padrón

Pablo Lago Sanmartín y Anxo Angueira
O alcalde de Brión e o presidente da Fundación Rosalía formalizaron a continuidade dun convenio que reforza a vinculación histórica do municipio coa autora e coa Casa-Museo de Padrón
Concello de Brión
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, veñen de asinar a renovación do convenio de colaboración entre Concello e Fundación polos próximos catro anos. Un acordo rubricado inicialmente en xaneiro de 2021 e que foi renovado por outros catro anos, nos que o Concello de Brión comprométese a colaborar economicamente coa Fundación coa achega de 1.000 euros anuais.

En virtude deste convenio, tanto os escolares como as asociacións culturais de Brión poderán acceder de xeito gratuíto a visitas guiadas á Casa Museo de Rosalía, en Padrón. Como novidade, o novo convenio contempla tamén que calquera veciño e veciña de Brión poderá entrar de xeito gratuíto na Casa-Museo, unha medida que se aplicou de xeito excepcional durante a pandemia, na que non estaban permitidas as visitas grupais.

Brión é un concello con estreitas ligazóns con Rosalía de Castro, polo que tamén forma parte do itinerario da Ruta Rosaliana, cun lugar de referencia na obra e vida de Rosalía de Castro como é Bastavales. De feito, Pablo Lago amosou tamén a disposición do Concello brionés a seguir colaborando coa Casa de Rosalía “en todo o que teña que ver coa posta en valor da figura da poetisa”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620