Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Brión

Brión recibe 2,7 millóns para renovar o 90% do seu alumeado público

O alcalde Pablo Lago e o secretario de Estado de Enerxía, Joan Groizard, asinaron en Madrid o convenio que permitirá modernizar máis de 3.100 puntos de luz 

Convenio IDAE
O alcalde Pablo Lago Sanmartín e o secretario de Estado de Enerxía, Joan Groizard, tras a sinatura en Madrid do convenio que financiará a renovación integral do alumeado público de Brión
Concello de Brión
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e secretario de Estado de Enerxía e presidente do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), Joan Groizard Payeras, asinaron onte en Madrid o convenio polo que o Concello de Brión recibirá unha axuda de 2.770.900 euros para substituír o 90% do seu alumeado público con cargo ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética. 

“Hoxe é un día moi importante para min e para Brión”, apunta Pablo Lago, xa que este proxecto suporá “unha das maiores inversión da historia do noso concello e permitirá a mellora e modernización integral do alumeado público municipal”. Neste proxecto están incluídos un total de 3.145 puntos de luz, cunha potencia media instalada de 110,72 vatios e con 4.200 horas anuais de funcionamento.

Uns equipos que serán substituídos por luminarias LED que, xunto coa revisión de 118 centros de mando e a instalación de 30 reloxos astronómicos, 20 reloxos mecánicos de patillas e 94 fotocélulas, permitirán un aforro enerxético superior ao 62%. “Isto permitiranos ofrecer un mellor servizo ao tempo que reducimos o consumo eléctrico e coidamos do noso medio ambiente, xa que nos permitirá aforrar máis de 132.000 euros anuais na factura eléctrica”, confirma Lago Sanmartín.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara