Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Brión

Así celebra Brión o Nadal | Programación e horarios

O Concello organiza unha tarde de actividades gratuítas que inclúe feira gastronómica, obradoiros, acendido do alumeado e un magosto popular

A Praza das Polbeiras de Santa Minia, escenario da Feira de Nadal organizada polo Concello de Brión
A Praza das Polbeiras de Santa Minia, escenario da Feira de Nadal organizada polo Concello de Brión
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Praza das Polbeiras de Santa Minia converterase este venres no epicentro da celebración navideña en Brión coa chegada da Feira de Nadal, un amplo programa de actividades que inclúe feira de artesanía, obradoiros, acendido do alumeado e un magosto popular aberto a toda a veciñanza. A iniciativa, organizada polo Concello e coa colaboración da Deputación da Coruña, desenvolverase entre as 16.00 e as 20.00 horas.

Programa

A partir das 16.00 horas abrirase a Feira de Artesanía e Gastronomía, na que participarán arredor dunha quincena de postos con produtos da horta, doces, embutidos e creacións artesanais. Paralelamente, desenvolveranse diversos obradoiros dirixidos tanto a persoas adultas como a crianzas, centrados na decoración do Nadal, na elaboración de sobremesas navideñas ou na creación de pousavasos temáticos. A programación inclúe tamén a presenza dun Apalpador Móbil, pensado para o público infantil.

O momento central da xornada será ás 18.30 horas, cando terá lugar o acendido do alumeado de Nadal, presidido polo alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e activado por un dos nenos ou nenas asistentes, elixido mediante sorteo. Tras este acto, dará comezo un magosto popular acompañado de música tradicional en directo, no que se ofrecerá degustación gratuíta de castañas, chocolate con churros e bebida para todas as persoas asistentes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620