Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Brión

Brión activa o programa Concilia Nadal 2025 para facilitar a conciliación das familias

O Concello oferta 40 prazas para nenos e nenas nados entre 2013 e 2022, cun servizo que funcionará en xaneiro no polideportivo municipal

manos manchadas de pintura
O Concello de Brión habilita o Concilia Nadal 2025, que prioriza as familias con pais e nais traballando e os casos recollidos no Plan Corresponsables
Phil Hearing
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O Concello de Brión vén de abrir inscricións no programa Concilia Nadal 2025, un programa de conciliación familiar dirixido a familias empadroadas no municipio e con crianzas nadas entre os nados 2013 e 2022. O servizo prestarase no pavillón polideportivo municipal durante dez días (22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de xaneiro e o 2, 5 e 7 de xaneiro), en horario de 8.00 a 15.00 horas.

As fichas de inscrición poden descargarse da web municipal. O Concello de Brión convoca un total de 40 prazas, a un prezo de 25 euros. As inscricións poden realizarse na sede electrónica municipal ou presencialmente no Rexistro Auxiliar do centro social polivalente antes do 26 de novembro.

Terán prioridade para acceder a este programa de conciliación aquelas crianzas pertencentes a unidades familiares que poidan documentar a ocupación de ambos proxenitores durante eses días de vacacións escolares. Tamén serán prioritarios aqueles casos recollidos na norma reguladora do “Plan Corresponsables”, é dicir, familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou unidades familiares con outras cargas relacionadas cos coidados. Finalmente, terase en conta a renda per cápita da familia solicitante.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica