Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Brión

Brión acolle a comedia Os veciños do lado dentro do programa Fegateatro

A obra de Fauna 113 representarase mañá no auditorio do centro social polivalente, con entrada libre ata completar aforo

Fauna113
A función enmárcase no convenio entre o Concello de Brión e FEGATEA que ofrece sete propostas escénicas en outubro e novembro e que rematará o 29 de novembro cunha sesión especial de microteatro
Fauna113
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O auditorio do centro social polivalente acollerá mañá sábado 22 de novembro, ás 20.00 horas, a actuación de “Os veciños do lado”, da man do grupo de teatro Fauna 113. Unha comedia de entrada libre e de balde ata completar o aforo da sala. 

“Os veciños do lado” conta a historia dunha parella que recibe a visita dos seus novos veciños. O que nun principio semellaba unha cea de cortesía irá derivando nun xogo de dobres intencións e segredos inconfesables.

Esta actuación forma parte do programa FEGATEATRO, froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Brión e a asociación FEGATEA e que inclúe un total de sete representacións teatrais durante os meses de outubro e novembro. 

Un programa que pechará a súa edición de 2025 o próximo sábado 29 de novembro cunha sesión especial de “Microteatro”, no que dúas compañías porán en escena tres pequenas obras: “As mulleres soas” e “Petición de man”, de Teatro de Cámara Ditea; e “Unha habitación con vistas”, de Teatro das Aras.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620