Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Boqueixón

Boqueixón abastecerá de auga potable a catro parroquias de Touro durante un ano

O convenio permitirá garantir o subministro a máis de 600 veciños mentres o Concello de Touro executa melloras na súa captación

ConvenioBoqueixonTouro
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o de Touro, Jesús Reboredo, asinan o acordo
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os concellos de Boqueixón e Touro asinaron un convenio de colaboración para garantir o abastecemento de auga potable a catro parroquias do municipio de Touro. O acordo, que entra en vigor este mércores e terá unha duración inicial dun ano, permitirá a Boqueixón subministrar ata 173 metros cúbicos diarios de auga á rede municipal de Touro.

O convenio beneficiará a un total de 626 veciños das parroquias de Vilar, Prevediños, Foxás e Bendaña, mentres o Concello de Touro executa as obras de renovación do sistema de bombeo e da tubaxe da captación do río Lañas, co obxectivo de dispoñer dun sistema de abastecemento independente.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, destacou que este acordo é un exemplo da colaboración entre concellos do rural para garantir servizos básicos á cidadanía. Pola súa banda, o rexedor de Touro, Jesús Reboredo, explicou que o incremento do consumo provocado polas altas temperaturas obrigou ao municipio a buscar solucións para asegurar o abastecemento e anunciou tamén a posta en marcha dunha campaña de sensibilización sobre o uso responsable da auga.

Rodeiro lembrou que Boqueixón xa fornece auga potable a varias parroquias de Vedra e ao aeroporto de Lavacolla grazas á capacidade da estación de tratamento de Orto, que pode abastecer a unha poboación próxima aos 12.000 habitantes. Recentemente, o Concello investiu máis de 120.000 euros na modernización das instalacións mediante a implantación dun sistema dixital de control da rede que permite mellorar a xestión e o seguimento do servizo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620