Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Boqueixón

Ángeles Vázquez visita as actuacións de dixitalización do abastecemento de auga en Boqueixón

A Xunta investiu máis de 120.000 euros para modernizar a rede municipal de abastecemento

AbastecementoBoqueixonOrto2
AbastecementoBoqueixonOrto2
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este martes o concello de Boqueixón para comprobar as actuacións realizadas no marco do plan de dixitalización da xestión do ciclo integral da auga impulsado pola Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia.

O proxecto, dotado con arredor de 5 millóns de euros e dirixido a 38 municipios de menos de 20.000 habitantes, forma parte da estratexia autonómica para modernizar a xestión da auga mediante a incorporación de sistemas dixitais de monitorización e control en tempo real.

No caso de Boqueixón, o investimento supera os 120.000 euros e permitiu a instalación de estacións de medición e rexistro en captacións, na estación de tratamento de auga potable de Orto e no depósito do Pico Sacro, así como a implantación dunha plataforma dixital de xestión. Esta ferramenta integra nun único sistema os datos recollidos polos equipos instalados, permite a visualización en tempo real e facilita a toma de decisións na xestión ordinaria do abastecemento, ao tempo que Augas de Galicia dispón dunha visión global e centralizada da información.

As actuacións inclúen tamén a instalación de sensores para o control de parámetros como o cloro, a turbidez e o pH, sistemas de telecontrol e dispositivos de medición de caudal, así como melloras nas captacións dos ríos Ulla e Pontillón e no manancial de Reboredo. No depósito do Pico Sacro instalouse ademais unha infraestrutura fotovoltaica destinada a reducir o consumo enerxético.

Durante a visita, a conselleira puxo en valor o impacto da dixitalización na xestión dun recurso “esencial e cada vez máis valioso”, ao permitir o seguimento continuo da rede de abastecemento durante as 24 horas do día, os 365 días do ano, e o control en tempo real da calidade da auga, do consumo enerxético e do funcionamento dos equipos.

Segundo destacou, o sistema permite anticiparse a incidencias, reducir perdas na rede e mellorar a eficiencia do servizo, ao tempo que prepara os concellos para afrontar desafíos como o cambio climático ou episodios de seca.

O alcalde en funcións de Boqueixón, Gonzalo Redondo Rendo, cualificou a actuación como “un salto de calidade importante” que repercutirá directamente na mellora do servizo e na calidade da auga que recibe a veciñanza.

O plan autonómico de dixitalización do ciclo integral da auga xa permitiu a instalación de 239 estacións de monitorización en toda Galicia, capaces de procesar millóns de datos mensuais e optimizar a xestión dos sistemas de abastecemento mediante información en tempo real.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620