Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Boqueixón

Boqueixón licita por 60.574 euros a mellora e ampliación da senda dos pescadores e viticultores do Ulla

O proxecto inclúe novos tramos de percorrido, sinalización interpretativa e direccional, aparcabicis e a construción dunha escaleira de acceso á Fervenza de Codeso

O prazo para que as empresas presenten ofertas á licitación da obra remata o 8 de marzo
O prazo para que as empresas presenten ofertas á licitación da obra remata o 8 de marzo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O Concello de Boqueixón vén de licitar por 60.574,87 euros o proxecto de mellora e ampliación da senda dos pescadores e viticultores do Ulla. Trátase dunha senda existente á beira do río e que discorre por camiños que eran usados tradicionalmente polos pescadores da zona. Agora, co asentamento na comarca de novos viticultores, o Concello aposta por aproveitar os novos camiños abertos por eles na explotación dos viñedos para acometer esta ampliación, favorecendo a creación de novos accesos á ruta.

A maiores, instalarase unha extensa sinaléctica para guiar aos sendeiristas, tanto ao longo da ruta como nos puntos máis turísticos da contorna. Así está previsto instalar 10 sinais informativas nos dous extremos da ruta, no miradoiro de Neira Vilas, na entrada e saída do lugar de Donas e nos locais de hostalería da contorna. Outras 33 sinais a instalar serán de tipo direcciónal, para guiar aos sendeiristas nos cruces e cara os puntos de interese. Ademais, reporanse as mesas informativas.

Os traballos tamén inclúen a colocación de aparcabicis nas contornas dos establecementos hostaleiros da zona e a construción dunha escaleira que facilite o acceso á Fervenza de Codeso, á que actualmente se accede por unha pendente na que é preciso usar uns cordóns amarrados nas árbores como pasamáns. Completaríase a actuación coa roza e limpeza do terreo e coa instalación dun banco no Miradoiro Neira Vilas.

As empresas interesadas teñen ata o 8 de marzo para presentar as súas ofertas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina