A Xunta destina máis de 126.000 euros á mellora de camiños rurais en Boqueixón
Os investimentos, a través dos plans Camiña Rural 2025-2026 e Marco 2024-2025, permitirán actuar en varios viarios do municipio

A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, visitou esta mañá o Concello de Boqueixón xunto co seu alcalde, Ovidio Rodeiro, onde puxo en valor o apoio económico autonómico destinado á mellora das infraestruturas viarias do municipio, que supera os 126.000 euros a través dos plans Camiña Rural 2025-2026 e Marco 2024-2025.
Segundo explicou a delegada, ao abeiro do Plan Camiña Rural 25-26, Boqueixón dispón dunha achega próxima aos 70.000 euros. Estes fondos están destinados a mellorar o camiño de Donas a Engas de con tratamento asfáltico semiprofundo e posterior sinalización horizontal e das liñas do bordo e o viario de Donas co límite de Vedra, dividido en dous treitos, nos que tamén se aplicará un tratamento asfáltico. Durante a visita, a delegada puido comprobar sobre o terreo o resultado dos traballos xa executados no 2025.
A este investimento súmase o correspondente ao Plan Marco 2024-2025, que destinou aoconcello máis de 59.000 euros para a posta a punto de 3 camiños rurais, incluíndo un tramo en O Tesouro de 960 metros e 100 metros cadrados de abanicos, con tratamento asfáltico e os abanicos en zahorra e instalouse unha sinal de STOP; o acceso a Casalpeguito con abanicos, no que se repararon os baches, se asfaltou e se colocou tamén unha sinal de STOP e finalmente e o viario de Casal con abanicos no que tamén se levou a cabo o seu asfaltado.
As achegas que reciben os municipios desta orde parten dunha contía fixa por concello, á que se engaden incrementos en función de factores como o número de entidades de poboación, o carácter agrario da zona ou aspectos relacionados coa superficie e a situación xeográfica.
Estas actuacións teñen como obxectivo reforzar as infraestruturas rurais como ferramenta para avanzar na cohesión social e territorial, favorecendo unha mellor calidade de vida e unhas condicións de traballo máis axeitadas no medio rural. Neste sentido, Belén do Campo destacou que os camiños rurais son elementos clave para mellorar a accesibilidade, estruturar o territorio, impulsar a actividade económica e contribuír áfixación de poboación.
A delegada subliñou tamén que programas como estes amosan a aposta continuada da Xunta polo desenvolvemento equilibrado do rural galego. As axudas cobren o 100 % dos gastos subvencionables, que inclúen actuacións como o ensanche de vías para aumentara seguridade, o reforzo de firmes, a adecuación de pasos sobre cursos de auga ou o acondicionamento das marxes.
Durante a visita, a representante do Goberno autonómico avanzou ademais que o orzamento da Consellería do Medio Rural para 2026 volverá reservar unha partida relevante ás infraestruturas rurais. En concreto, o Plan Camiña Rural contará con 17,7millóns de euros co fin de seguir apoiando aos concellos na mellora e ampliación da rede viaria municipal.








